PROGRAMA


PROGRAMA DE ACTIVIDADES


Luns, 20 de xullo

9:30 - 10:00 Entrega de credenciais

10:00 - 10:30 Inauguración oficial do curso

10:30- 12:30 Conferencia inaugural: A Pedagoxía Sistémica: unha nova mirada para unha educación ao servizo da Vida. (Quintín Álvarez Núñez. Prof. Titular da USC)
O  acelerado proceso de cambio social que estamos vivindo trae consigo complexos desafíos educativos aos que o sistema educativo actual non está dando unha resposta axeitada. A Pedagoxía Sistémica ofrécenos unha nova mirada que  nos pode axudar a mellorar o funcionamento das escolas, a tender pontes entre elas e as familias e a construir unha educación máis eficaz para afrontar os grandes retos do século XXI. Nesta conferencia expoñemos a súa base conceptual e características básicas, así como as aplicacións máis relevantes para a organización dos centros educativos  e a mellora da relación de estes coas familias.

12:30 - 14:00 Presentación dos obradoiros e dinámica de grupos.

16:00 - 19:30 Obradoiros simultáneos

Martes, 21 de xullo

9:30 - 11:30 Educar para SER, o enfoque holístico na Educación Infantil (Alicia Vallejo Salinas, Mestra de Educación Infantil e Formadora de Profesorado)
Hai moitos modelos e pedagoxías alternativas que comparten un “paradigma”, unha visión diferente da Escola e da Educación. Cambiando a visión, cambia a escola. Desde esta nova mirada holística enténdese á persona de forma integral: corpo, mente, corazón, espíritu, favorecendo a formación de seres orixinais, únicos, diversos, e anima aos alumnos a dar o mellor de si mesmos. Fomenta o desenvolvemento dos membros da comunidade e respeta a súa singularidade, integrando o potencial intelectual, emocional, social, físico, creativo ou intuitivo, estético e espiritual, de cada un. Con este enfoque imos contemplar a importancia do Apego e o Vínculo nos primeiros anos da vida das nenas e nenos de Educación Infantil desde o punto de vista das e dos docentes e da tarefa compartida coa familia e aplicaremos este enfoque á planificación do Proxecto de Intervención no Proceso de Adaptación á Escola.
11:30 - 12:00 descanso
12:00 - 14:00  Apego e vínculo: a súa importancia no desenvolvemento (Julia Sánchez Núñez, Psicóloga e Psicoterapeuta experta en vínculo. Membro do Laboratorio de Investigación sobre Vínculo Afectivo da Universidade de Girona.)
Teoría do Apego. Encadre e marco teórico. Importancia do vínculo no desenvolvemento humano ao largo do ciclo vital. Fases na formación do vínculo seguro. A importancia da sensibilidade do coidador, “bonding e apego”.. Factores que inflúen na formación dun tipo determinado de apego.

16:00 - 19:30 Obradoiros simultáneos
Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.


Mércores, 22 de xullo

9:30 - 11:30 As representacións do apego (Julia Sánchez Núñez )
Modelos de funcionamento interno. Procedementos para a valoración do vínculo afectivo. Tipos de apego. Apeg seguro, desactivación do sistema de apego (evitativo), hiperactivación do sistema de apego e apego desorganizado. Impacto da separación e a pérdida no vínculo afectivo. Efectos do maltrato nas representacións de apego. Resiliencia.
11:30 - 12:00 descanso
12:00 - 14:00  O Proceso de Adaptación desde o punto de vista da educadora ou educador: calidade e calidez. (Alicia Vallejo Salinas)
Acoller a un grupo de criaturas novo ¿Qué supón para min? Identificar o meu propio estilo de vinculación. ¿Cuál é o meu papel e o dos pais/nais?, ¿Qué esperan da escola e da mestra e cómo podo establecer unha relación de confianza coas familias?. Reflexionar, anticipar e planear: ¿Qué crisis debe superar cada criatura?, ¿Cómo os podemos apoiar para que a superen con éxito? ¿Cómo elaboro o meu proxecto de intervención?

16:00 - 19:30 Obradoiros simultáneos
Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.


Xoves, 23 de xullo

9:30 - 11:30 Repercusións do medio familiar e escolar no desenvolvemento do neno e da nena. (Julia Sánchez Núñez)
O desenvolvemento da empatía, a consciencia e a reflexibilidade. Transmisión interxeneracional do apego. Como contribuir desde a nosa práctica a crear un vínculo seguro nos nenos e nenas.
11:30 - 12:00 descanso
12:00 - 14:00  O proceso de adaptación desde o punto de vista do neno e da nena: movemento cara á nai, interrupción do movemento, movemento ao éxito. (Alicia Vallejo Salinas)
Problemas e retos aos que se enfrenta cada criatura, as suas diferentes reaccións e a relación cos estilos de apego, etc. Aspectos que é preciso observar, rexistrar e informar ás familias  ¿Qué estilo de vinculación promoverei con cada neno/a?

16:00 - 18:00 Conferencia de clausura. El piso de abajo de la escuela. Los afectos  y las emociones en el dia a dia de la escuela infantil. (M. Carmen Díez Navarro, Mestra de Ed. Infantil e Psicopedagoga, Coordinadora pedagóxica da Escola infantil Aire Libre de Alicante)
A conferencia centrarase en analizar e reflexionar sobre por qué é importante incluir os afectos na vida cotiá da escola. Vou propoñer o que supón vivir a cotidianidade da escola amarrando nun mesmo fío o de pensar e o de sentir, o de aprender e o de estar xuntos, o de ser intelixentes co de ser personas.

18:00 Clausura do curso e entrega de diplomas


OS OBRADOIROS SIMULTÁNEOS

As tardes do luns, martes e mércores, realizanse tres obradoiros simultáneos de 3 horas e media cada un que se repetirán cada dia para que poida asistir todo o alumnado.

Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Docente:  Mª Nieves López López
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

O obxectivo deste obradoiro é crear un espazo para a reflexión e a exploración do apego e o vínculo desde a mirada da nai. Traballaremos as posibilidades que se abren cando miramos o proceso da  vinculación desde esta perspectiva, descubrindo o diferente rol da nai e do pai na construcción dunha base segura para un desenvolvemento harmónico da personalidade do neno/a.


Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Docente:  Sara Corredoira Darriba
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

Neste obradoiro imos explorar as relacións de apego e vínculo desde a mirada dos nenos e nenas que viven no seo dunha familia.
A xenuina comprensión das Constelacións Familiares permítenos observar si os nenos  poden sentir seguridade ou non no Sistema ao que pertencen en función de si os seus pais/nais están accesibles, receptivos e colaboradores para responder ás súas necesidades.  Para elo comprobaremos, dun xeito vivencial,  qué consecuencias teñen as situacións de movemento interrumpido cara a nai, os movementos de amor cego dos nenos por lealtade ao seu sistema familiar, a inversión de rol e implicacións sistémicas tinguidas de emocións adoptadas.

Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.
Docente:  Quintín Álvarez Núñez
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)


Neste obradoiro exploraremos, a través de diversos exercicios e dinámicas, a rede de vínculos e relacións que se dan na escola, desde a mirada do profesorado e da institución. Analizaranse as leis sistémicas básicas e a mirada xeneracional da Pedagoxía Sistémica e as súas consecuencias para unha axeitada organización e funcionamento das institucións educativas. Todo elo aplicado a unha redefinición do rol, posición e funcións das e dos docentes nos centros e nas súas relacións coas familias do alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario