OBRADOIROS




OS OBRADOIROS SIMULTÁNEOS

As tardes do luns, martes e mércores, realizanse tres obradoiros simultáneos de 3 horas e media cada un que se repetirán cada dia para que poida asistir todo o alumnado.

Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Docente:  Mª Nieves López López
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

O obxectivo deste obradoiro é crear un espazo para a reflexión e a exploración do apego e o vínculo desde a mirada da nai. Traballaremos as posibilidades que se abren cando miramos o proceso da  vinculación desde esta perspectiva, descubrindo o diferente rol da nai e do pai na construcción dunha base segura para un desenvolvemento harmónico da personalidade do neno/a.


Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Docente:  Sara Corredoira Darriba
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

Neste obradoiro imos explorar as relacións de apego e vínculo desde a mirada dos nenos e nenas que viven no seo dunha familia.
A xenuina comprensión das Constelacións Familiares permítenos observar si os nenos  poden sentir seguridade ou non no Sistema ao que pertencen en función de si os seus pais/nais están accesibles, receptivos e colaboradores para responder ás súas necesidades.  Para elo comprobaremos, dun xeito vivencial,  qué consecuencias teñen as situacións de movemento interrumpido cara a nai, os movementos de amor cego dos nenos por lealtade ao seu sistema familiar, a inversión de rol e implicacións sistémicas tinguidas de emocións adoptadas.

Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.
Docente:  Quintín Álvarez Núñez
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)


Neste obradoiro exploraremos, a través de diversos exercicios e dinámicas, a rede de vínculos e relacións que se dan na escola, desde a mirada do profesorado e da institución. Analizaranse as leis sistémicas básicas e a mirada xeneracional da Pedagoxía Sistémica e as súas consecuencias para unha axeitada organización e funcionamento das institucións educativas. Todo elo aplicado a unha redefinición do rol, posición e funcións das e dos docentes nos centros e nas súas relacións coas familias do alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario