ACREDITACIÓN





DIPLOMA E ACREDITACIÓN DO CURSO

Os asistentes ao curso recibirán un diploma de asistencia no que consta o título do curso e o número de horas (30 horas lectivas)*. Este recoñecemento é convalidable por 2 créditos optativos para as titulacións de Grao.


* É requisito, tanto para a obtención do diploma como do certificado do crédito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas polo que se realizará un control de asistencia de mañá e tarde.


¿Con qué recoñecemento conta?
Para estudantes das titulacións de Grao: é convalidable por 2 créditos optativos.
Para opositores: Válido como mérito para o concurso de oposición ao corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria. (28 horas)
Para profesorado de centros dependentes da Consellería de Educación: Está solicitada a homologación do curso. Calquer mestre ou mestra que asista ao curso poderá solicitar a título personal a homologación desta actividade como “actividade de formación permanente”. Orde de 14 de maio de 2013 (DOG 96) no artigo 33 establece a posibilidade do recoñecemento persoal da formación organizada por universidades. (28 horas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario