PRESENTACIÓN





PRESENTACIÓN

Grazas unha vez máis á colaboración e o compromiso do Colexio Fingoi coa educación e coa formación do profesorado, poñemos en marcha o II Curso de Educación Emocional co ánimo de contribuir á formación relacionada coa educación emocional e o benestar dos máis pequenos. Cremos que é importante empezar a desenvolver programas de educación emocional nos centros e que esta formación debe comenzar desde os primeiros momentos da escolarización.

Partindo dun enfoque holístico, o obxectivo do cruso é sensibilizar aos profesionais de Educación Infantil da necesidade de incorporar unha nova mirada sobre a infancia que permita levar a cabo intervencións que contribúan ao benestar emocional e ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas. Para elo, realizarase un traballo teórico-práctico e vivencial centrado na construcción dos vínculos desde a perspectiva dos pais/nais, dos nenos e nenas e das mestras/es. Tamén abordaremos, de maneira profunda, como deseñar e desenvolver o proceso de adaptación á escola.

Dun xeito máis específico o curso céntrase nos seguintes obxectivos:

-  Comprender os principios filosóficos e de intervención que están na base do novo paradigma educativo que supón o enfoque holístico e a Pedagoxía Sistémica.
-    Ampliar a nosa mirada sobre a familia e as implicacións sistémicas nas que estamos vinculados.
-   Introducirnos nas claves do crecemento emocional da infancia dende unha perspectiva sistémica para poder observar e interpretar o proceso dos nenos e nenas dun xeito global e integrado.
-    Reflexionar sobre as necesidades afectivas máis elementais da infancia para poder enmarcar as actitudes que favorezan un crecemento emocional harmónico.
- Coñecer as diferencias entre apego e vínculo e comprender a sua importancia no desenvolvemento dunha personalidade sana asi como as súas implicacións educativas.

-  Reflexionar sobre o proceso de adaptación á escola e aprender a deseñar un proxecto de intervención para o seu desenvolvemento desde un enfoque respetuoso e coidadoso cos vínculos.

¿Dónde se celebra?
Todos os días de mañá e tarde, nas dependencias do Colexio Fingoi- Lugo Rua Aviación Española, 27 (27002 Lugo) Tfno. 982 28 40 94. GPS: 42.998268, -7.554034. http://www.fingoi.com/index.php/es/

A conferencia de clausura do dia 23 de xullo pola tarde será no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n.
27002 Lugo Teléfono: 982821005



¿En qué horario?
Luns, martes e mércores de 9:30 a 14:00h e de 16:00 a 19:30
Xoves: 9:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30


¿A quén lle interesa este curso?
A todas aquelas personas interesadas en profundizar na importancia do vínculo afectivo como base para un desenvolvemento saudable.
Está especialmente dirixido a docentes e/ou futuros docentes de Educación Infantil e Primaria por tratarse de etapas educativas nas que teñen especial importancia os procesos de adaptación á escola e, polo tanto, desapego do contexto familiar e a construcción de novos vínculos. 
Estudantes da Titulación de Grao de Mestre/a de Educación Infantil e Primaria, Antiguos alumnos e alumnas de Maxisterio, Educadores de infancia, mestras e Mestres de Educación Infantil que traballen na etapa 0-6., Pais e nais e calquera persona interesada e implicada no traballo coa infancia.

¿Con qué recoñecemento conta?
Para estudantes das titulacións de Grao: é convalidable por 2 créditos optativos.
Para opositores: Válido como mérito para o concurso de oposición ao corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria. (28 horas)
Para profesorado de centros dependentes da Consellería de Educación: Está solicitada a homologación do curso. Calquer mestre ou mestra que asista ao curso poderá solicitar a título personal a homologación desta actividade como “actividade de formación permanente”. Orde de 14 de maio de 2013 (DOG 96) no artigo 33 establece a posibilidade do recoñecemento persoal da formación organizada por universidades. (28 horas)






No hay comentarios:

Publicar un comentario