domingo, 24 de mayo de 2015




II Curso de Educación Emocional
Educar para SER. A importancia do apego e o vínculo para un desenvolvemento integral.
20,21,22 e 23 de xullo de 2015

Grazas unha vez máis á colaboración e o compromiso do Colexio Fingoi coa educación e coa formación do profesorado, poñemos en marcha o II Curso de Educación Emocional co ánimo de contribuir á formación relacionada coa educación emocional e o benestar dos máis pequenos. Cremos que é importante empezar a desenvolver programas de educación emocional nos centros e que esta formación debe comenzar desde os primeiros momentos da escolarización.

Partindo dun enfoque holístico, o obxectivo do cruso é sensibilizar aos profesionais de Educación Infantil da necesidade de incorporar unha nova mirada sobre a infancia que permita levar a cabo intervencións que contribúan ao benestar emocional e ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas. Para elo, realizarase un traballo teórico-práctico e vivencial centrado na construcción dos vínculos desde a perspectiva dos pais/nais, dos nenos e nenas e das mestras/es. Tamén abordaremos, de maneira profunda, como deseñar e desenvolver o proceso de adaptación á escola.

Dun xeito máis específico o curso céntrase nos seguintes obxectivos:
-    Comprender os principios filosóficos e de intervención que están na base do novo paradigma educativo que supón o enfoque holístico e a Pedagoxía Sistémica.
-    Ampliar a nosa mirada sobre a familia e as implicacións sistémicas nas que estamos vinculados.
-    Introducirnos nas claves do crecemento emocional da infancia dende unha perspectiva sistémica para poder observar e interpretar o proceso dos nenos e nenas dun xeito global e integrado.
-    Reflexionar sobre as necesidades afectivas máis elementais da infancia para poder enmarcar as actitudes que favorezan un crecemento emocional harmónico.
-    Coñecer as diferencias entre apego e vínculo e comprender a sua importancia no desenvolvemento dunha personalidade sana asi como as súas implicacións educativas.
-    Reflexionar sobre o proceso de adaptación á escola e aprender a deseñar un proxecto de intervención para o seu desenvolvemento desde un enfoque respetuoso e coidadoso cos vínculos.
¿Dónde se celebra?
Todos os días de mañá e tarde, nas dependencias do Colexio Fingoi- Lugo Rua Aviación Española, 27 (27002 Lugo) Tfno. 982 28 40 94. GPS: 42.998268, -7.554034. http://www.fingoi.com/index.php/es/

A conferencia de clausura do dia 23 de xullo pola tarde será no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n.
27002 Lugo Teléfono: 982821005



¿En qué horario?
Luns, martes e mércores de 9:30 a 14:00h e de 16:00 a 19:30
Xoves: 9:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30


¿A quén lle interesa este curso?
A todas aquelas personas interesadas en profundizar na importancia do vínculo afectivo como base para un desenvolvemento saudable.
Está especialmente dirixido a docentes e/ou futuros docentes de Educación Infantil e Primaria por tratarse de etapas educativas nas que teñen especial importancia os procesos de adaptación á escola e, polo tanto, desapego do contexto familiar e a construcción de novos vínculos. 
Estudantes da Titulación de Grao de Mestre/a de Educación Infantil e Primaria, Antiguos alumnos e alumnas de Maxisterio, Educadores de infancia, mestras e Mestres de Educación Infantil que traballen na etapa 0-6., Pais e nais e calquera persona interesada e implicada no traballo coa infancia.

¿Con qué recoñecemento conta?
Para estudantes das titulacións de Grao: é convalidable por 2 créditos optativos.
Para opositores: Válido como mérito para o concurso de oposición ao corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria. (28 horas)
Para profesorado de centros dependentes da Consellería de Educación: Está solicitada a homologación do curso. Calquer mestre ou mestra que asista ao curso poderá solicitar a título personal a homologación desta actividade como “actividade de formación permanente”. Orde de 14 de maio de 2013 (DOG 96) no artigo 33 establece a posibilidade do recoñecemento persoal da formación organizada por universidades. (28 horas)





PROGRAMA DE ACTIVIDADES


Luns, 20 de xullo

9:30 - 10:00 Entrega de credenciais

10:00 - 10:30 Inauguración oficial do curso

10:30- 12:30 Conferencia inaugural: A Pedagoxía Sistémica: unha nova mirada para unha educación ao servizo da Vida. (Quintín Álvarez Núñez. Prof. Titular da USC)
O  acelerado proceso de cambio social que estamos vivindo trae consigo complexos desafíos educativos aos que o sistema educativo actual non está dando unha resposta axeitada. A Pedagoxía Sistémica ofrécenos unha nova mirada que  nos pode axudar a mellorar o funcionamento das escolas, a tender pontes entre elas e as familias e a construir unha educación máis eficaz para afrontar os grandes retos do século XXI. Nesta conferencia expoñemos a súa base conceptual e características básicas, así como as aplicacións máis relevantes para a organización dos centros educativos  e a mellora da relación de estes coas familias.

12:30 - 14:00 Presentación dos obradoiros e dinámica de grupos.

16:00 - 19:30 Obradoiros simultáneos

Martes, 21 de xullo

9:30 - 11:30 Educar para SER, o enfoque holístico na Educación Infantil (Alicia Vallejo Salinas, Mestra de Educación Infantil e Formadora de Profesorado)
Hai moitos modelos e pedagoxías alternativas que comparten un “paradigma”, unha visión diferente da Escola e da Educación. Cambiando a visión, cambia a escola. Desde esta nova mirada holística enténdese á persona de forma integral: corpo, mente, corazón, espíritu, favorecendo a formación de seres orixinais, únicos, diversos, e anima aos alumnos a dar o mellor de si mesmos. Fomenta o desenvolvemento dos membros da comunidade e respeta a súa singularidade, integrando o potencial intelectual, emocional, social, físico, creativo ou intuitivo, estético e espiritual, de cada un. Con este enfoque imos contemplar a importancia do Apego e o Vínculo nos primeiros anos da vida das nenas e nenos de Educación Infantil desde o punto de vista das e dos docentes e da tarefa compartida coa familia e aplicaremos este enfoque á planificación do Proxecto de Intervención no Proceso de Adaptación á Escola.
11:30 - 12:00 descanso
12:00 - 14:00  Apego e vínculo: a súa importancia no desenvolvemento (Julia Sánchez Núñez, Psicóloga e Psicoterapeuta experta en vínculo. Membro do Laboratorio de Investigación sobre Vínculo Afectivo da Universidade de Girona.)
Teoría do Apego. Encadre e marco teórico. Importancia do vínculo no desenvolvemento humano ao largo do ciclo vital. Fases na formación do vínculo seguro. A importancia da sensibilidade do coidador, “bonding e apego”.. Factores que inflúen na formación dun tipo determinado de apego.

16:00 - 19:30 Obradoiros simultáneos
Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.


Mércores, 22 de xullo

9:30 - 11:30 As representacións do apego (Julia Sánchez Núñez )
Modelos de funcionamento interno. Procedementos para a valoración do vínculo afectivo. Tipos de apego. Apeg seguro, desactivación do sistema de apego (evitativo), hiperactivación do sistema de apego e apego desorganizado. Impacto da separación e a pérdida no vínculo afectivo. Efectos do maltrato nas representacións de apego. Resiliencia.
11:30 - 12:00 descanso
12:00 - 14:00  O Proceso de Adaptación desde o punto de vista da educadora ou educador: calidade e calidez. (Alicia Vallejo Salinas)
Acoller a un grupo de criaturas novo ¿Qué supón para min? Identificar o meu propio estilo de vinculación. ¿Cuál é o meu papel e o dos pais/nais?, ¿Qué esperan da escola e da mestra e cómo podo establecer unha relación de confianza coas familias?. Reflexionar, anticipar e planear: ¿Qué crisis debe superar cada criatura?, ¿Cómo os podemos apoiar para que a superen con éxito? ¿Cómo elaboro o meu proxecto de intervención?

16:00 - 19:30 Obradoiros simultáneos
Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.


Xoves, 23 de xullo

9:30 - 11:30 Repercusións do medio familiar e escolar no desenvolvemento do neno e da nena. (Julia Sánchez Núñez)
O desenvolvemento da empatía, a consciencia e a reflexibilidade. Transmisión interxeneracional do apego. Como contribuir desde a nosa práctica a crear un vínculo seguro nos nenos e nenas.
11:30 - 12:00 descanso
12:00 - 14:00  O proceso de adaptación desde o punto de vista do neno e da nena: movemento cara á nai, interrupción do movemento, movemento ao éxito. (Alicia Vallejo Salinas)
Problemas e retos aos que se enfrenta cada criatura, as suas diferentes reaccións e a relación cos estilos de apego, etc. Aspectos que é preciso observar, rexistrar e informar ás familias  ¿Qué estilo de vinculación promoverei con cada neno/a?

16:00 - 18:00 Conferencia de clausura. El piso de abajo de la escuela. Los afectos  y las emociones en el dia a dia de la escuela infantil. (M. Carmen Díez Navarro, Mestra de Ed. Infantil e Psicopedagoga, Coordinadora pedagóxica da Escola infantil Aire Libre de Alicante)
A conferencia centrarase en analizar e reflexionar sobre por qué é importante incluir os afectos na vida cotiá da escola. Vou propoñer o que supón vivir a cotidianidade da escola amarrando nun mesmo fío o de pensar e o de sentir, o de aprender e o de estar xuntos, o de ser intelixentes co de ser personas.

18:00 Clausura do curso e entrega de diplomas


OS OBRADOIROS SIMULTÁNEOS

As tardes do luns, martes e mércores, realizanse tres obradoiros simultáneos de 3 horas e media cada un que se repetirán cada dia para que poida asistir todo o alumnado.

Obradoiro 1: A mirada da nai na construcción do vínculo
Docente:  Mª Nieves López López
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

O obxectivo deste obradoiro é crear un espazo para a reflexión e a exploración do apego e o vínculo desde a mirada da nai. Traballaremos as posibilidades que se abren cando miramos o proceso da  vinculación desde esta perspectiva, descubrindo o diferente rol da nai e do pai na construcción dunha base segura para un desenvolvemento harmónico da personalidade do neno/a.


Obradoiro 2: Constelacións familiares, apego e desenvolvemento infantil
Docente:  Sara Corredoira Darriba
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

Neste obradoiro imos explorar as relacións de apego e vínculo desde a mirada dos nenos e nenas que viven no seo dunha familia.
A xenuina comprensión das Constelacións Familiares permítenos observar si os nenos  poden sentir seguridade ou non no Sistema ao que pertencen en función de si os seus pais/nais están accesibles, receptivos e colaboradores para responder ás súas necesidades.  Para elo comprobaremos, dun xeito vivencial,  qué consecuencias teñen as situacións de movemento interrumpido cara a nai, os movementos de amor cego dos nenos por lealtade ao seu sistema familiar, a inversión de rol e implicacións sistémicas tinguidas de emocións adoptadas.

Obradoiro 3: Escola e profesorado: unha rica rede de vínculos e relacións.
Docente:  Quintín Álvarez Núñez
Temporalización: Luns / Martes / Mércores (de 16:00 a 19:30)

Neste obradoiro exploraremos, a través de diversos exercicios e dinámicas, a rede de vínculos e relacións que se dan na escola, desde a mirada do profesorado e da institución. Analizaranse as leis sistémicas básicas e a mirada xeneracional da Pedagoxía Sistémica e as súas consecuencias para unha axeitada organización e funcionamento das institucións educativas. Todo elo aplicado a unha redefinición do rol, posición e funcións das e dos docentes nos centros e nas súas relacións coas familias do alumnado.
RELACIÓN DE DOCENTES

Quintín Alvarez Núñez
Quintín Álvarez Núñez é Doutor en Ciencias da Educación. Máster en Pedagoxía Sistémica. Profesor Titular na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do Grupo de investigación “Stellae”. Membro Didacta da Asociación Española Bert Hellinger de Constelaciones Familares (AEBH) e vogal da súa Xunta Directiva. Con formación en: Constelacións familiares, Psicoterapia Gestáltica, Eneagrama, PNL e outras técnicas de grupo. Os catro campos aos que se dedica profesionalmente son: a Organización de Centros Educativos, a Comunicación Interpersonal e Educativa, a Dinámica e Técnicas de Grupo e a Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude.

Nestas áreas participou en múltiples proxectos de investigación e ten realizado diversas publicacións, entre os que destaca o libro: “La comunicación relacional y la interacción profesor-alumno”. Imparte cursos, másters e seminarios sobre estas temáticas, sobre Pedagoxía Sistémica e sobre as aplicacións das constelaciones sistémicas aos campos familiar, social e organizacional. Tamén facilita talleres de constelacións familiares e sistémicas.


Julia Sánchez Núñez

Licenciada en Filosofía y Ciencias de la Educación, Licenciada en Psicología, Licenciada en Ciencias de la Información, Diplomada en Audición y Lenguaje. Trabajó como educadora en Residencias de Menores y como Directora en una Escuela Infantil de la Comunidad de Madrid. Trabajó en la Escuela de Educadores realizando tareas formativas de asesoramiento y proyectos en diversas Escuelas Infantiles y Casas de Niños de la Red Pública, impartiendo formación a profesionales de Residencias de Atención a la Infancia, y como Directora. Ha realizado trabajo como Psicoterapeuta con personas adultas. Trabaja en un Equipo de Atención Temprana de la Comunidad de Madrid. Es miembro del Laboratorio de Investigación sobre Vínculo Afectivo de la Universidad de Girona.

Alicia Vallejo Salinas

Es licenciada en Filosofía y Ciencias de la Educación por la UCM. Dilatada experiencia como tutora en el Primer y Segundo Ciclo de Educación Infantil. Profesora de Desarrollo Cognitivo, Expresión y Lenguaje, y Juego, durante la experimentación del Ciclo Formativo de Grado Superior de Educación Infantil y los Cursos de Habilitación. Desde 1990 colabora con diferentes equipos de Escuelas Infantiles y Casas de Niños  en diferentes proyectos de Investigación-Acción. Asesora Pedagógica y Formadora del Profesorado colaborando los últimos veinte años con distintas CCAA. Trabajé de 1999 a 2007 en el Colexio Fingoi de Lugo.

Mª Nieves López López
Profesora no Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Politécnico de Lugo. É licenciada en Pedagoxía e formada en Psicomotricidade na Universidade Pontificia de Salamanca. Realiza a formación en Pedagoxía Waldorf e en Pedagoxía do Abrazo de Vinculación según Jirina Prekop. Conta cunha ampla experiencia profesional como Psicomotricista, labor que exerceu durante varios anos no Centro de Rehabilitación e Educación para nenos e nenas con parálese cerebral, “El Camino” en Salamanca. Ten impartido diversos cursos de formación tanto ao profesorado de Educación Infantil como a Educadores de infancia.
Actualmente colabora ca Asociación socio-educativa Antonio Gandoy nunha proposta  pedagóxica con familias. 


Sara Corredoira Darriba
Psicóloga e psicoterapeuta , Diplomada  en Terapia Gestalt (EMTG). Formada en Eneagrama con Claudio Naranjo. Ampla formación en  técnicas terapéuticas de reprocesamento neurobiolóxico : BRAINSPOTTING (nivel I, II e III con David Grand e con Lisa Schwarz Brainspotting de recursos, vínculo  e Disociación ), EMDR  coa Asoc. española de EMDR). Directora do Centro de Psicoterapia Encontro, en Lugo.
 Consteladora Familiar, formada directamente por  Berth Hellinger,o  Institut Gestalt de Barcelona e outros profesionais de renombre internacional.  Actualmente é membro titular da Asociación Española de Constelacións Familiares Berth Hellinger e organizou en marzo do 2015, por primeira vez en Galicia, as XI Xornadas aunuais de Constelacións Familiares en Lugo.
Traballou como Técnico de Formación Ocupacional e Orientadora Laboral durante 20 anos para o INEM e Xunta de Galicia.

M Carmen Díez Navarro
Maestra de Educación Infantil, psicopedagoga,  coordinadora pedagógica de la Escuela Infantil Aire Libre, de Alacant/Alicante (España), ha sido miembro del Consejo de Redacción de la revista In-fàn-ci-a durante veinte años, (Associació de Mestres Rosa Sensat), y vocal de ASMI (Asociación para la Salud Mental Infantil).
Participa habitualmente en actividades de formación del profesorado y colabora en varias  publicaciones pedagógicas. Es autora de libros de poesía y de pedagogía,  en los que narra y analiza sus experiencias en la escuela. Algunos de sus libros son: La oreja verde de la escuela, Un diario de clase no del todo pedagógico, El piso de abajo de la escuela, Mi escuela sabe a naranja, Los pendientes de las maestra, 10 Ideas Clave. La educación infantil, etc.
En sus trabajos aparecen como hilos conductores: la escucha a los niños, el vínculo maestro-alumno, la inclusión del mundo emocional en la escuela, la valoración del grupo, las relaciones, la experimentación, la creatividad...

MATRICULA

Taxa xeral: 120 € (persoas alleas á universidade)
Taxa reducida: 70 € (aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de Formación profesional ou bacharelato, desempregados e PDI e PAS da USC)

Para a formalización da matricula:

-       Por internet: consultar a páxina oficial da Universidade de verán 2015:

http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/2015/curso_0047.html a partir do 11 de maio ata o 10 de xullo.